Fai xa tempo que non aparezo por aquí, e hoxe decido facelo así, coa morriña posta nas palabras, no són das palabras e así, cargadiñas de mimo, empeza esta parrafada da que non teño nin idea que vai sair...
Dúas semanas,
xa fai dúas semanas que voltei, pero joe, que tres semanas pasei! Podo voltar? quero voltaaaaaaaar
O aire estaba cargado de humidade e o olor fresco en calqueira punto da viaxe activaba o sentido (do olfato desta volta). A luz...uf! que luz! véxanse as fotos...e os sonidos! o mar! ai ai! fáltame a foto do día que o mar estaba en toda a súa plenitude, pero os que o viches algunha vez sabedes ao que me refiro...E así, luz, són, olor, ... ah! que me falta o tacto! e aí estaba a area pra facerme cosquillas nos pés! E as túas caricias claro... E a sonrisa dos colegas, esa é impagable, podería pagar mil billetes de avión pra vela
Estas son algunhas fotos, unha mezcla desordeada cronolóxicamente, pero a ver se chega...
No comments:
Post a Comment